As viguesas caeron derrotadas dignamente en Valencia na sempre difícil cancha do Ros Casares por 94-75 na quinta xornada da Liga Nacional de Baloncesto Feminino celebrada no pavillón Fonte San Luís de Valencia.

As locais tiveron que esforzarse ao máximo para vencer ás visitantes que pelexaron os dous primeiros cuartos perdendo nivel de xogo ao final do encontro.