374celta presentacion_ anna_vucurovic_1Cando se achega o fin do primeiro mes de traballo para o equipo de Liga Feminina do Celta Bosco, chega a primeira ondada grande de partidos. Coa Copa Galicia xa comezada, a busqueda dun bo ritmo de competición leva a engadir amigables que vaian engraxando e perfeccionando a máquina celeste.

Deste xeito, o equipo dirixido por Carlos Colinas disputou un partido amigable en Lugo ante Ensino onte martes, encontro que se saldou con triunfo para o equipo celeste (48-66) pero coa lesión de Adams, posible escordadura na man dereita, será recoñecida polo Dr. Quiros na clínica de Fátima.

A competición oficial retomarase o xoves co partido de Copa Galicia ante Arxil (Estadio da Xuventude, Pontevedra, 20:00 horas). O equipo celeste podería sentenciar o seu paso á Final a Cuatro en caso de vitoria.

Por último, o público vigués poderá gozar das evolucións do seu equipo o sábado ás 18:30 na pista central do I.M.D. das Travesas. O partido pechará a fase previa de Copa Galicia ante Universitario de Ferrol e no que se poderá comprobar in situ a evolución das novas fichaxes celestes xunto ás xogadoras xa coñecidas polos afeccionados vigueses.