374celta presentacion_ anna_vucurovic_1Hoxe mércores a partir das 20,30 horas no pavillón Wurzburg de Salamanca o equipo dirixido por Carlos Colinas xogará o seu primeiro partido amigable de pretempada. O equipo ten prevista a súa saída de Vigo ás 11,30 da mañá de hoxe e regresase tras o partido.

Carlos Colinas non poderá contar coa totalidade do equipo ata a primeira semana de outubro, cando Traore e Dantas se incorporarán aos adestramentos.

Durante a mañá de onte e do luns a totalidade do equipo pasou pola Clínica de Fátima onde se continuou cos recoñecementos médicos e este será o primeiro contacto coas pistas tras 13 días de preparación.