O Celta Bosco cede a Leyre Carrascosa ao Valladolid

Imprimir

leyre_carrascosa O R.C. Celta de baloncesto chegou a un acordo co conxunto Universidad de Valladolid, participante en la Liga Feminina-2, para que a xogadora viguesa Leyre Carrascosa dispute a próxima tempada en calidade de cedida no equipo valisoletano.

Leyre Carrascosa é unha xogadora formada na academia celeste. Durante os últimos anos disputou as competicións galegas cos equipos correspondentes á súa idade disputando varios campionatos de España e logrando coas súas compañeiras diversos campionatos galegos consecutivos. Trátase dunha pívot de 201 cm. De altura, con bos movementos de costas á canastra e grande capacidade intimidadora en defensa.

Alcanzou a internacionalidade no Europeo U16 de Nápoles (Italia) no que se proclamou campioa. No verán de 2.010 tivo a oportunidade de disputar o mundial U17 de Toulouse (Francia) alcanzando a oitava posición final. Este mesmo ano disputou o Europeo U18 de Oradea (Romanía), no que se alcanzou a medalla de bronce.

Leyre Carrascosa vaise un ano onde continuará a súa progresión deportiva e será seguida atentamente pola dirección deportiva viguesa, que ten grandes esperanzas no seu futuro máis próximo. Tras chegar a un acordo coa Universidade de Valladolid de L.F.2 ambos os dous clubs consideran que é unha boa opción para o desenvolvemento deportivo da xogadora, que necesita minutos en pista para demostrar a súa valía e continuar crecendo como xogadora, xa nun nivel de profesionalidade chegada a idade senior.