A valenciana Anna Gómez, nova fichaxe do Celta de baloncesto

Imprimir

annagomezO club celeste anuncia a súa nova incorporación á plantilla. Trátase da base Anna Gómez que volve á Liga Feminina tras a paréntese dunha tempada na que disputou a competición de Liga Feminina 2 co Universitario de Ferrol. Con 130 partidos acumulados en Liga Feminina (fase regular, copa da raíña e eliminatorias) a súa experiencia e valía están máis que contrastadas.

Trátase dunha base con bastante envergadura para a súa posición (1.80) o que lle permite dirixir o xogo con soltura e ser unha peza incómoda en defensa. Como ela mesmo definiuse nunha entrevista, "gústalle facer mellor as súas compañeiras".

A súa formación como xogadora produciuse en Valencia da man do Ros Casares. Pronto emigrou a Barcelona (tempada 2003-04) proclamándose campioa de España junior co Universitari -curiosamente en Ferrol- e co que chegou a debutar en Liga Feminina. A súa traxectoria está marcada por dous clubs que requiriron dos seus servizos fundamentalmente. As cinco tempadas entre León e Ibiza marcan a súa carreira deportiva ata agora. Con León (07/08) e Ibiza (08/09) foi subcampión de Copa da Raíña, a punto de dar a sorpresa no reinado de Ros Casares Valencia.

A tempada pasada disputouna nunha categoría inferior (L.F.2) con Ferrol, co que recuperou sensacións como xogadora xa que debía asumir todos os galóns tanto en dirección como colaborar en anotación.

Anna Gómez Igual
Data de nacemento: 06/05/1986
Lugar de nacemento: Alfara del Patriarca (Valencia).
Posición: Base
Altura: 1.80

Traxectoria:
01/02 Ros Casares Valencia (cadete)
02/03 Ros Casares Valencia (junior)
03/04 Universitat BCN - F.C.Barcelona (junior)
04/05 C.B. Puig d ´ en Valls Santa Eulalia (l.f.)
05/06 EBE Promocións - PDV Santa Eulalia (l.f.)
06/07 Acis Incosa León (l.f.)
07/08 C.B. San José León (l.f.)
08/09 EBE Promocións - PDV Santa Eulalia (l.f.)
09/10 Cadi DLa Seu D´urgell (l.f.) ata 27/11
09/10 Mann Filter Zaragoza (l.f.) dende 27/11
10/11 Universitario de Ferrol (l.f.2)

Tempada 2010/11:
Universitario de Ferrol (L.F.2)
1. Partidos xogados: 26
2. Minutos: 917:13 35:16 min/par.
3. Puntos: 362 13.9 pts/par.
4. Rebotes: 86 3.3 reb/par.
5. Asistencias: 59 2.3

Traxectoria internacional

Como xogadora internacional coincidiu xeracionalmente con Sara Gómez nas seleccións de formación españolas:
2004. Selección Española U18. Disputou a fase previa de clasificación.
2005. Selección Española U19. 5º Clasificada Mundial de Túnez.

Disputou 30 partidos de EuroCup en catro tempadas cun total de 30 partidos disputados:

2007 - Acis Incosa León (16º final)
2008 - Baloncesto San José Leoa (16º final)
2009 - PDV Ibiza (8º final)
2010 - Mann Filter Zaragoza (8º final)