PERFUMERÍAS AVENIDA 84
CELTA INDEPO 61

Clara derrota das viguesas nun partido con superioridade clara por parte das xogadoras do Perfumarías Avida. O Celta comezou o encontro cunha defensa en zona que desconcertou ás salmantinas, aos cinco minutos de xogo vencían por nove puntos de diferenza pero o equipo charro reaccionou e devolveulle o bo comezo cun parcial de 7-0. O resto do encontro foi claramente para as locais, vencendo con superioridade clara as visitantes.

Sen tregua para o equipo que dirixe Paco Araújo, o sábado xogan en As Travesas a cuarta xornada de Liga recibindo ao Canoe, será ás 18.00 h.

Partido correspondente a terceira xornada de Liga disputado no Pavillón Würzburg de Salamanca o mércores, 21 de outubro.