marina-delgadopequenaSeguindo co capítulo de renovacións o C.D Bosco - R.C. Celta renovou a base Marina Delgado para a tempada 2011-12.

Marina Delgado Pontes
Data de nacemento: 09/04/1992
Lugar de nacemento: Palma de Mallorca.
Posición: Base
Altura: 1.72 m

Traxectoria:
01/02 Club Deportivo Jovent (Premini)
02/03 Club Deportivo Jovent (Mini)
03/04 Club Deportivo Jovent (Mini)
04/05 Club Deportivo Jovent (Infantil)
05/06 Club Deportivo Jovent (Infantil)
06/07 C.T.E.I.B. (Junior)
07/08 C.T.E.I.B. (Junior)
08/09 Jovent Palma (L.F.2)
09/10 Celta Indepo (Junior - L.F.)
10/11 Celta Indepo (L.F.)

Tempada 2010/11:
1. Partidos xogados: 13
2. Minutos: 127:18 9:47 min/par.
3. Puntos: 18 1.4 pts/par.
4. Rebotes: 13 1 reb/par.
5. Asistencias: 7 0.5 asi/par.
6. Valoración: 7 0.5 val/par.

Datos biográficos: Marina Delgado é unha nova base que chegou a Vigo na tempada 2009-10 en idade junior. Tras disputar unha grande tempada en Liga Feminina 2 co seu equipo de formación (Jovent de Mallorca), a balear atravesou por un primeiro ano de adaptación, no que disputou once partidos pero con moi poucos minutos (tres de media) en Vigo.

A súa alternancia co equipo Junior valeulle para disputar o Campionato de España en Mieres co Celta Caixanova alcanzando a sétima posición. Xa como senior de primeiro ano a tempada pasada incrementou a súa achega con maior número de minutos de presenza en pista no equipo de Liga Feminina.

Escolta reconvertida a base, destaca polo seu lanzamento exterior e capacidade de penetración a canastra, que aínda debe pulir así como a súa capacidade de dirección na pista. Este ano debe ser moi importante para a súa progresión como xogadora, sendo unha xogadora no que se teñen depositadas grandes esperanzas.

Atópase actualmente concentrada en Chile para o Mundial U19 da categoría coa selección española, co que será a súa futura adestradora Carlos Colinas.

Como membro de seleccións de formación, a base mallorquina goza dun amplo palmarés en competicións internacionais:
2008. Selección Española U16. 1º Clasificada Europeo de Katowice (Polonia).
2009. Selección Española U18. 1º Clasificada Europeo de Södertäjle (Suecia).
2010. Selección Española U18. 2º Clasificada Europeo de Poprad (Eslovaquia).