Celta Baiona consegue o ascenso á 1ª División

Imprimir

O Celta Baiona Novacaixagalicia fíxose coa única praza de ascenso a 1ª División Feminina na mañá de onte tras vencer ao Arxil na Final na fase de ascenso disputada en Avilés.

Celta Baiona NCG derrotou na final da fase de ascenso a Arxil Pontevedra por 71-55, conseguindo o ascenso de categoría. O equipo dirixido por Cibrán Barbosa saíu concienciado da importancia do choque e aínda que os inicios se moveron dentro da igualdade, os momentos previos ao descanso serviron para tomar unha renda significativa de 11 puntos. Ao contrario que nos partidos anteriores, as célticas mantiveron o nivel o que se viu reflectido nunha cómoda diferenza final que culmina unha excelente tempada de Celta Baiona.