Partido decisivo para o Indepo

Imprimir

noe2011O RC Celta Indepo viaxa a Canarias para enfrontarse ao Sandra Canaria nun partido decisivo para a permanencia na máxima categoría. O conxunto insular é un clásico da competición. Leva ininterrompidamente xogando na máxima categoría nacional dende a tempada 1983-84, recollendo a tradición do baloncesto canario.

Un conxunto co que o CD Bosco llelas viu nos momentos álxidos de ambas as dúas entidades. O partido entre o Celta e o Sandra Gran Canaria a finais dos 90 era un encontro no que saltaban as faíscas de dous conxuntos que se disputaban títulos importantes.

O equipo celeste xa está a viaxar cara ás illas e o total do equipo está a disposición de Miguel Méndez para disputar un encontro de vital importancia dada a nosa actual situación na táboa.

Sábado 26/03/2011 - 19:00 horas (horario insular)
Pavillón Polideportivo A Paterna (Las Palmas)