Cabecera Vide

Frenético final de oito días para o Celta Indepo

saraTramo final da Liga, o venres o Celta Indepo desprázase a Canarias onde disputará un importantísimo encontro de cara ao seu inmediato futuro. Tres son os actualmente os equipos implicados na loita pola permanencia e das tres próximas e últimas xornadas dependerá a permanencia dun e despedida da máxima categoría de dous deles.

Celta Indepo visita este sábado a Canarias, que xa está matematicamente salvado, recibe o mércores 30 en As Travesas a Ibiza e remata a tempada o sábado 2 de Abril en Olesa. Depende actualmente de si mesmo para salvar a categoría. Se consegue dúas vitorias ou fixese pleno positivo nos tres partidos que restan, manterase un ano máis en Liga feminina, independentemente doutros resultados. En caso de triplo empate, Celta Indepo tamén sairía beneficiado.

Obenasa Navarra recibe na súa pista de Arrosadía a Hondarribia e Extrugasa, visitando Zaragoza na penúltima xornada de liga. Debe sumar sempre dúas vitorias máis que Celta Indepo ata final de liga para evitar o descenso pero ollo con este equipo, vén de gañar a Mallorca e a vitoria esta semana daría esperanzas a un equipo navarro.

Olesa é o que ten un panorama máis escuro. Con catro vitorias actualmente, debe gañar os seus tres partidos e esperar que as viguesas perdan todos os seus compromisos; ou ben sumar dúas vitorias e superar un average negativo de -13 coas de Miguel Méndez no último partido de liga, se Celta conseguise unha vitoria ante Canarias ou Ibiza. As catalás tamén teñen perdido o seu average particular con Navarra.

O Celta Indepo xoga o seu futuro nos próximos oito días.