Nova vitoria do Celta Indepo

Imprimir

Segunda vitoria do campionato para as viguesas tras derrotar o sábado no pavillón de As Travesas a un Gran Canaria que foi sempre por detrás no marcador. Pina e Sliskovic foron as xogadoras celestes que máis puntos conseguiron con 13 e 14 respectivamente. Superioridade no xogo e grande defensa celeste foron as claves para facerse coa vitoria final.

CELTA INDEPO 70
GRAN CANARIA 65