Cabecera Vide

O Celta Indepo volverá ás Travesas en febreiro con dous partidos, un deles chave

noe2011Mentres o Celta Indepo pechará xaneiro na pista do colíder Ros Casares, As Travesas prepárase para un mes de febreiro en que se converterá na referencia crave das xogadoras que adestra Miguel Méndez para buscar a permanencia.

Porque o Pavillón Central volverá ser o fogar natural das celestes logo de dúas xornadas nas que o equipo vigués trasladouse ao novo multiusos de Navia para pechar 2010 (vitoria ante o Olesa por 66-53) e comezar 2011 (triunfo por 83-73 ante Obenasa Lacturale), nos dous casos con boa resposta dos seus afeccionados para dous encontros nos que se xogaba moito.

Pero agora o quinteto galego volverá ao seu recinto. O 12 de febreiro, sábado, medirase ás 18:00 horas ao campión de Copa, Rivas Ecópolis (Amaya Valdemoro...); o choque non se disputa en venres ao competir as madrileñas en Europa. E o venres 25 (21:30 horas) terá o Celta Indepo un exame fronte ao Hondarribia Irún, outro conxunto que loita pola permanencia.

Madrileñas (91-53), coa excéltica Nicholls, e vascas (75-54), con outra excéltica, Revuelto, acadaron resultados avultados contra o Indepo na primeira volta. Agora, as de Méndez necesitan sumar para afastarse da zona de descenso.