Cabecera Vide

O Celta Indepo rumbo a terras vascas

indepoTras o importante triunfo da pasada semana en Vigo fronte ao Soller, o Celta Indepo enfróntase a outro rival directo e difícil no seu cancha, o Hondarribia Irún.

Só dous postos por debaixo das viguesas na clasificación, vén de perder fronte ao Extrugasa 59-43.

O equipo atópase de viaxe neste momento, tras unha noite en estrada destino Hondarribia ten prevista a chegada a medio día de hoxe e tras un breve descanso adestrará de 21.30 a 22.30 horas na cancha de xogo.

As de Miguel Méndez non están a ter moita fortuna coas lesións e baixas neste comezo de tempada; tras a marcha de Leonie suplida dende o pasado venres por Beljanski, a lesión de Luisa que a mantivo afastada das cancha tres semanas, os problemas de costas de Sara e a gripe que roldou polo equipo, onte a última hora a xogadora Bosnia Dragana, tivo que pasar por urxencias por unha dor abdominal; tras cinco horas no centro hospitalario e as probas pertinentes detectaron un problema intestinal sendo dúbida ata ultima hora pero que non lle impediu viaxar con resto do grupo. A saída prevista para as 00.30 horas a atraso ás 01.30 h.

Hondarribia Irún - RC Celta Indepo
Sábado 6/11/10
19.00 horas
Árbitros: Uruñuela Uruñuela, Juan M. - Val Igrexas, JM