celtablancaCuarta xornada de liga, sen tempo para descansar, mañá xoves ás 21.00 horas no pavillón dás Travesas as viguesas xogan o que será o seu cuarto partido de competición oficial en 10 dias, recibirán ao Cadi La Seu de Lleida. Partido que será arbitrado polos colexiados Juan Pedro Morales García e Luis Clemente García.

Importante encontro no que o equipo celeste intentará recuperar a senda da vitoria pero difícil situación coa que se atopa o adestrador, as dúas novas incorporacións Leonie e Michulkova son dúbida; a primeira con case total seguridade será baixa por un longo período de tempo e no caso da Eslovaca, importante será a súa achega nun equipo tan curto.

Pero a semana de competición non remata aí, a próxima xornada, esta fin de semana as de Miguel Méndez viaxarán a Rivas para enfrontarse ao Ecópolis.