O Celta Indepo, que recibe este mércores ao Girona, tamén xogará en Vigo diante do Ros Casares o venres

Imprimir
extranjerasO Celta Indepo xogará este venres ante o Ros Casares nas Travesas, dous días despois de recibir ao Uni Girona no mesmo escenario. Así o acordaron as directivas dos dous clubs, ao aproveitar que o conxunto levantino xogará en Vilagarcía o mércores 13.

Isto supón para o club vigués modificar a orde de partidos, xa que en principio xogaba a terceira xornada en Valencia. Mes tolo polo tanto para o Celta Indepo. O club vigués de Liga Feminina, único conxunto galego que disputou todas as edicións do campionato desde que así se denomina, xogará en Vigo catro dos cinco partidos marcados para o que queda de outubro.

O calendario sorteado en xullo xa indicaba que tres dos seis encontros do equipo que adestra Miguel Méndez (ante Uni Xirona, A Seu e Sóller) celebraríanse en Vigo. Outubro é tradicionalmente o mes máis cargado para axustar a Liga estatal coa programación internacional polos compromisos oficiais da selección española absoluta. Agora, polo acordo co Ros Casares serán catro os rivais que polo pavillón central pasen este mes.

Os rivais en Vigo serán: este mércores 13, o Uni Girona; o venres 15, o Ros Casares; o mércores 20,  La Seu e o venres 29, Sóller Joventut. Todos os encontros están marcados para as 21:00 horas.

Michulkova e Kooij. Para este dobre compromiso ante Girona e Ros Casares será baixa segura a holandesa Kooij, cunha lesión no nocello dereito. O club xa recibiu informes clínicos de Holanda por unha lesión anterior da internacional no mesmo nocello. A entidade está á espera do ditame médico. Mentres, Michulkova recupérase da súa rotura de fibras nos tempos establecidos. Fronte ás catalás non xogará e é posible que Méndez lle dea algúns minutos ante o campión de Liga e Copa. Contra La Seu, o día 20 no IMD, si estará plenamente dispoñible.