Triunfo do Celta indepo en Pamplona na primeira xornada da Liga Feminina (53-69)

Imprimir
blancamarcosO Celta Indepo debutou na décimo quinta edición da Liga Feminina (así se denomina desde 1996) con vitoria. As de Miguel Méndez, coas baixas de Michulkova e Kooij, gañaron no polideportivo Arrosadía de Pamplona por 53-69, sentenciando ao seu rival cun parcial de 0-10 nos 180 segundos finais.

Durante o primeiro tempo houbo gran igualdade e intercambio de vantaxes, coa máxima para as locais de seis puntos (19-13, 31-25). O Celta, que empezou 0-6, púxose definitivamente por diante no minuto 23 (33-35) cun triplo de Noemí Jordana. As viguesas, e Jordana, volveron a gañar nunha pista que visitaran por última vez en outubro de 2001, tamén con triunfo pero ante un equipo xa desaparecido, o CBN. No conxunto celeste destacaron este sábado os 20 puntos de Egle Stakneviciene (9 rebotes) e Jordana, e os 11 rebotes e 14 puntos de Iva Sliskovic.