Comeza a Liga Feminina para o Celta Indepo coas baixas de Michulkova e Kooij

Imprimir

draganaMañá sábado comeza a competición na Liga de Baloncesto feminino; as xogadoras do Celta Indepo atópanse de viaxe con previsión de chegada a Pamplona ás 11.00 horas de hoxe, as viguesas enfróntanse a un recén ascendido á máxima categoría, o Navarra.

Complicado inicio de liga, ao longo desprazamento a terras navarras hai que sumarlle complicacións de lesións que non permitirán que o total das xogadoras estean en condicións de xogar. A lesión de Michulkova, que queda en Vigo, non é a única baixa do equipo celeste, Kooij ten problemas nun nocello que lle impedirán participar no encontro.

Intenso comezo de liga, o sábado Pamplona, mércores en Vigo fronte a Girona e o Ros Casares Valencia será o seguinte rival; difíciles compromisos para unha semana complicada, delicada e esgotadora.

UNB Obenasa Navarra - RC Celta Indepo
Polideportivo Arrosadia
Sábado, 9 de outubro de 2010 - 19.00 h.
Árbitros: Francisco Javier Bravo Logroño e Francisco Rastrollo García.