A Copa Galicia de baloncesto coloca ao Celta Indepo diante de Ensino, Pabellón e Carmelitas

Imprimir

copagaliciaOs locais da Federación Galega de Baloncesto acolleron o pasado día 10 unha reunión cos clubs da Liga Feminina e Liga Feminina 2 para tratar sobre unha nova edición da Copa Galicia de baloncesto feminino, o segundo campionato autonómico dunha federación con máis tradición no Estado tras a Lliga catalá.

 

Nese encontro tomouse a decisión de dividir os equipos en dous grupos establecendo como cabezas de serie os clubs pertencentes a Liga Feminina e distribuíndo o resto por proximidade xeográfica. Segundo isto, os grupos quedaron do seguinte xeito:

Grupo A: Celta Indepo, Durán Maquinaria Ensino de Lugo, Pavillón de Ourense e Codigalco Carmelitas de Ourense.

Grupo B: Extrugasa Vilagarcía, Pío XII Santiago, Arxil Pontevedra e Universitario de Ferrol.

Os partidos xogaranse entre o 11 e o 25 de setembro, ambos os dous inclusives, por sistema de liguiña a unha soa volta, clasificándose os dous primeiros de cada grupo para as semifinais e final que terán lugar os días 2 e 3 de outubro en sede por determinar. Celta e Extrugasa xogarán os seus encontros a domicilio. O conxunto vigués é o vixente campión dun torneo que só se lle escapou en dúas ocasións, unha na final (2004, Santiago) e outra en 2006, cando nin tan sequera se meteu na final.

Miguel Méndez, preparador celeste, comezará a pretempada o vindeiro 1 de setembro coas xogadoras que non estean agora inmersas no Preeuropeo ou na preparación do Campionato do Mundo, que iniciarán o traballo uns días despois.

Copa Galicia feminina 2010 (183.11 kB)

Histórico da participación céltica (143.09 kB)