Cabecera Vide

Carlos Colinas, director deportivo do Celta Indepo, campión de Sudamérica con Brasil esta madrugada

brazil10Gran sábado (e madrugada do domingo) para o Celta Indepo. Carlos Colinas, director deportivo do club vigués da Liga Feminina de baloncesto, alcanzou o título suramericano feminino ao vencer no Centro de Adestramento Olímpico de Santiago de Chile a Arxentina por 68-94 (42-40 ao descanso).

Nun pavillón cheo, Colinas guiou á canarinha ao ouro no 32º Campionato de Sudamérica, ao imporse na fase de grupos a Uruguai (120-43), Colombia (94-53) e Venezuela (107-37), en semifinais a Paraguai (114-61) e ás 3:20 horas desta noite do sábado ao domingo (hora galega) á selección albiceleste. No choque decisivo, Outeiros necesitou recuperar a concentración de Brasil na segunda parte, porque o seu equipo chegou a perder por nove puntos no primeiro cuarto, pechándoo oito abaixo (25-17), e foise ao descanso aínda en desvantaxe.

Na segunda metade o partido cambiou por completo: a selección do adestrador leonés (na imaxe, de pe na parte dereita da foto para o leitor) non deu opción ao seu rival, sentenciou no terceiro cuarto e levantou por décimo terceira oportunidade consecutiva a copa do torneo. Brasil acumula 23 títulos en 30 participacións dende que o evento empezou en 1946 e para Colinas é a primeira gran vitoria da súa carreira en calquera competición senior.

O seguinte paso para Brasil é o Mundial (Chequia, 23 de setembro ao 3 de outubro). Ao meterse no podio, a canarinha tamén se gañou unha praza para o Torneo das Américas (o Campionato de América), en 2011 e que é Preolímpico (sede por designar), e para os Xogos Panamericanos (Guadalaxara, México, 14-29 de outubro de 2011).