Cabecera Vide

A céltica Michulkova, convocada por Eslovaquia para o Preeuropeo de baloncesto

luisaO Celta Indepo pon en xogo este sábado a unha nova compoñente do seu equipo 2010/2011 no Preeuropeo de seleccións absolutas. A eslovaca Luisa Michulkova (26 anos, 1,77), fichada en xullo pasado do Kosice, disputa ata setembro o grupo D da liguiña clasificatoria para o Eurobasket de 2011.

Gran Bretaña, Alemaña e Ucraína son os seus rivais e este sábado mediranse a Gran Bretaña en Birmingham. A seleccionadora eslovaca, Natalia Hejkova, convocou a doce xogadoras, seis do Kosice, o ex equipo de Luisa, dous do Ruzomberok, campión de Europa en 1999 e 2000 e equipo de Michulkova ata 2004, unha do Presov, outra sen equipo e únicamente dous de clubs de España, a céltica e a pivote Romana Vynuchalova, do Viena e que acaba de asinar polo Extrugasa Vilagarcía.

No ano 2008, Michulkova sufriu unha grave lesión de xeonllo (na imaxe) a tres minutos do final dun encontro, perdendo a tempada 08/09, por iso o seu caché baixou agora cando era indiscutible no seu equipo, co que disputou regularmente a Euroliga. Con todo, Miguel Méndez carece de dúbidas sobre a que debe ser a substitución xeracional de Pilar Valero. "Vina perfecta e recuperada a nivel mental nun amigable Eslovaquia-Brasil", di Miguel. Foi hai poucas datas, coincidindo co Europeo sub 18 que o técnico vigués disputou hai uns días en Eslovaquia.

lesionAgora, Michulkova ten por diante seis encontros en menos dun mes e únese a outras célticas inmersas no Preeuropeo: Egle Stakneviciene (Lituania), Leonie Kooij (Holanda) e Iva Sliskovic (Croacia). Dáse a circunstancia de que estas tres están no mesmo grupo.

Por certo que a quinta estranxeira celeste desta nova tempada, Dragana Svitlica, renunciou a xogar con Bosnia a fase de ascenso á Primeira División do baloncesto feminino continental (División A), o primeiro paso para xogar en 2011 a clasificatoria para o Preeuropeo que dá acceso ao Europeo de 2013. Svitlica esgrimiu razóns de estudos, xa que está inscrita nunha universidade privada no seu país, á que acudiu tras rematar a Liga Feminina.