A prensa holandesa coloca a Leonie Kooij, do Den Helder, como nova xogadora do Celta Indepo

Imprimir
kooij00A aleiro holandesa Leonie Kooij relevará a saída de María Pina e completará o equipo do Celta Indepo, segundo anúnciase dende o portal de internet www.ibasketball.nl, web adicada ao deporte da canastra nos Países Baixos.

O club vigués que preside Paco Araújo aínda non remitiu un comunicado oficial pero en Holanda se afirma que está feito e felicitan o salto da xogadora á liga española. A xogadora pertence ao grupo de representadas pola axencia BPI francesa que dirixe François "Paco" Torres e coa que o Celta traballa asiduamente; de feito, Torres é axente de Michulkova, Sliskovic e Stakneviciene.

Kooij, nacida en Den Helder (Holanda) en 1986 e con cuxo equipo (HLC Accountants Dn Helder) quedou subcampioa de Liga esta pasada tempada, gañando catro campionatos dende 2005, mide 1,88 metros e é unha aleiro forte que en 2009 foi inscrita na Euroliga co Sibenik croata, aínda que se mancou, retornando ao Den Helder. Xogadora revelación de 2004 en Holanda, Kooij é a actual líder da selección "oranje" absoluta, coa que o videiro mes de agosto disputará a fase clasificatoria para o Eurobasket de Polonia 2011.

Holanda, dirixida por Meindert Van Veen, concentrou a quince xogadoras e tocoulle un grupo, o A, moi complicado, con Lituania (coa que será a súa compañeira no Celta Egle Stakneviciene), Croacia (Iva Sliskovic), Bélxica e Italia. A dobre volta, clasifícanse os dous primeiros e o seu primeiro partido será o 2 de agosto en Kaunas ante Lituania. Co seu país, Kooij promedia 17,2 puntos, 7,6 rebotes e 2,5 asistencias.

Con esta fichaxe, de confirmarse oficialmente, o Celta Indepo pecharía o seu equipo con cinco estranxeiras (Michulkova, Stakneviciene, Sliskovic, Svitlica e Kooij) e tres fichaxes. Leonie sería a segunda holandesa que recala en Vigo tras a pivote Susan Mulders (96/97).

leo

A web coa información da fichaxe (preme na imaxe co botón dereito do seu rato para vela ampliada).