Segunda fichaxe para o Celta Indepo coa chegada da pívot viguesa Déborah Rodríguez

Imprimir

fotoSegunda fichaxe para o Celta Indepo. O conxento bosquista conta coa reincorporación dunha xogadora viguesa, a pivot Déborah Rodriguez, de 1,87 de estatura e nacida o 22 de xaneiro de 1989.

Rodríguez procede do Codigalco Carmelitas, equipo de Liga Feminina 2 do Vedruna de Ourense, no que estivo a pasada campaña.

 

Porén, Déborajh formouse nas categorías inferiores da entidade celeste, ás que chegou en 2001 ao equipo infantil. Nos exercicios 2007/2008 e 2008/2009, Déborah militou no segundo conxunto céltico, o de Primeira Nacional (terceira categoría do baloncsto español).

Coa chegada de Déborah (1,9 puntos, 1,9 rebotes e quince minutos de media) e a falta de confirmar novas entradas (o club aínda estuda algunha incorporación máis), o Celta ten xa dúas xogadoras galegas fixas na súa primeira escuadra, a arousá Sara Gómez e a viguesa Déborah Rodríguez.

A tempada 2010/2011 será a decimoquinta consecutiva do C.D. Bosco na Liga Feminina e a vixésima primeira dun club de Vigo na máxima categoría do balonceso feminino estatal. Vigo comezou a súa andaina na elite no ano 1965 co Estudiantes, chamado Celta a partires de 1969. Esta é unha tempada especial por coincidir co décimo aniversario do pasamento de José Manuel Gómez Carballo, presidente do club de 1996 a marzo de 2001, cando falecu en accidente de circulación xunto co seu vicepresidente Camilo Pérez.

Miguel Méndez conta a día de hoxe con Noemí Jordana e Marina Delgado (bases), Sara Gómez (escolta), Blanca Marcos e Luisa Michulkova (aleiros), Egle Stakneviciene, Iva Sliskovic, Dragana Svitlica e Déborah Rodríguez (pivotes). As únicas baixas oficiais confirmadas polo momento son as de María Pina e a ucraína Olga Maznichenko.