A Liga Feminina comezará o 10 de outubro e o Celta Indepo xogará en Pamplona na primeira xornada

Imprimir
migueloO Celta Indepo comezará a Liga Feminina 2010/2011 en Pamplona (Navarra) o 10 de outubro e o derbi galego ante o Extrugasa arousán está fixado para o 20 de novembro en Vilagarcía. Ademais, a visita a Vigo do campión de Liga e Copa, Ros Casares, producirase o 29 de xaneiro de 2011.

O sorteo do calendario tivo lugar hoxe nos locais da Federación Española de Baloncesto en Madrid. O conxunto vigués inicia o campionato contra un recén ascendido, o Obenasa Navarra, no pavillón pamplonés de Arrosadía. Ata o ano 2002, Navarra, comunidade autónoma uniprovincial, tivera representación na elite grazas ao CBN (dende 1988 a 2002 na máxima categoría). Agora pide paso o Unión Navarra Basket. O primeiro partido en Vigo, na xornada 2, será fronte ao Uni Girona o 17 de outubro. A primeira fase da Liga rematará o 2 de abril. Os catro primeiros xogarán o playoff polo título (semifinais e final ao mellor de tres partidos). 

A día de hoxe, reunida a comisión delegada da FEB, o sorteo realizouse cunha praza vacante por definir: o campionato non se quedará coxo xa que o Olesa Espanyol ten que completar documentación para pechar os catorce equipos participantes. A FEB concedeulle un prazo improrrogable ata as 13:00 horas do venres 16 de xullo. De non facelo, o Estudantes, que descendeu, ocuparía a súa praza. presentou a documentación requirida por se houbese unha vacante.

O outro descendido, Palacio de Congresos de Eivissa, recuperou o seu posto na elite ao intercambiar os dereitos deportivos co Canoe, que xogará en Liga Feminina 2. Esto supón para o Celta Indepo un gasto económico maior en viaxes (é máis caro ir a Eivissa que a Madrid). Vigo non verá o derbi autonómico contra o Extrugasa ata o 12 de marzo próximo.

Liga Feminina 2010/2011 (103.3 kB)