Renovación de Svitlica no Celta Indepo

Imprimir

draganaA xunta directiva do Celta Indepo pechou a renovación de Dragana Svitlica para a próxima tempada 10/11. A ala-pívot bosníaca cumprirá así a súa cuarta campaña coa elástica celeste, tras a súa chegada a Vigo no ano 2007.

 

Con 21 anos e 1,87 metros, Svitlica atópase totalmente integrada no club e na cidade; a súa progresión e achega foron a razón principal para apostar pola súa continuidade nun equipo que foi tomando forma coa renovación de case todas as súas compoñentes.