blancamarcosSeguindo co capítulo de renovacións confírmase a continuidade de Blanca Marcos, de 24 anos e nacida en Salamanca, Blanca foi durante moitos anos o referente da canteira salmantina de Perfumerías Avenida pasando dende a súa chegada a Vigo a ser peza fundamental para a boa marcha do equipo celeste durante os últimos anos.

Descubriu o baloncesto con 12 anos e dende aí non deixou de avanzar, alcanzando retos cos seus equipos de formación e nas distintas seleccións nacionais.

Debutou en Liga Feminina con 16 anos na tempada 02-03 no antigo pavillón da Alamedilla. Internacional sub16, sub18 e sub20, no seu palmarés figuran 1 título de liga e dous de Copa con Perfumarías Avenida, así como unha medalla de prata no Europeo sub18 de Bratislava (2004).

Esta será a súa terceira tempada consecutiva en Vigo.