ivaDespois de renovar a Egle Stakneviciene, Noemí Jordana e Marina Delgado chega a cuarta continuidade no Celta Indepo. A pivote croata Iva Sliskovic seguirá vestindo de celeste a vindeira tempada.

Tras as negociacións dos últimos dias, o Bosco asegúrase o concurso dunha das xogadoras máis destacadas da pasada Liga Feminina. A internacional croata promediou 13,5 puntos e 8,3 rebotes en case 31 minutos de media, moito mellor que os seus números o primeiro ano en Vigo (08/09), que foron de 7,2 puntos, 4,2 rebotes e case 22 minutos de xogo.

Nacida o 4 de setembro de 1984, Sliskovic formouse en ZKK Zagreb, deu o salto a South Carolina University para regresar ao baloncesto europeo ás filas do Sopron húngaro hai tres tempadas. A súa continuidade era un dos obxectivos importantes do club na construción do equipo.

Días atrás, a base Marina Delgado asinou a súa renovación. Con 18 anos e tras o paso á categoría senior, o club vigués aposta pola continuidade dunha nova promesa que na súa curriculum conta cun cordón europeo sub16 e outro sub18. Xa na campaña última dispuxo dalgúns minutos na máxima categoría.