mmccFin do XXX Campionato de España de baloncesto junior feminino, celebrado este días na localidade asturiana de Mieres.

Gran partido do Celta Caixanova este domingo que lle serviu para acadar o sétimo posto na competición estatal. Aínda que seguramente esperaban estar ao remate do torneo algún posto por enriba, o resumo do evento foi de tres vitorias do Celta Caixanova e dúas derrotas.

No enfrontamento de hoxe, as de Miguel Méndez, que xa dominaron ás salmantinas no intersector de Astillero, non deron ningunha opción ao Halcón Viajes no partido pola sétima praza.

De feito, as castellanas víronse con 16 puntos de desvantaxe xa no primeiro cuarto. Marina Delgado (17 puntos) e María González Centeo (16) foron as mellores do Celta Caixanova, mentres que no Halcón Viajes cabe destacar a actuación de Sandra Martínez con 15 puntos e 11 rebotes para acabar como a mellor valorada do partido.

O sábado, as celestes dominaron tres cuartos ao uni Cajanarias tinerfeño, pero cederon nun espectacular derradeiro cuarto do conxunto isleño. A derrota apartou ás galegas da pugna pola quinta (foi para o Uni) ou sexta praza (Donosti).