Celta Caixanova e Ros Casares, mañá por unha praza nas semifinais do Campionato de España junior

Imprimir
nenas1O Celta Caixanova enfrontarase este venres ao Ros Casares levantino en partido de cuartos de final do XXX Campionato de España junior de baloncesto feminino.

No día de hoxe o equipo galego tivo xornada de descanso, tras xogar martes e mércores.

As xogadoras de Miguel Méndez foron o segundo equipo en clasificarse, e lográrono o mércores tras o seu contundente segundo triunfo na competición.

A céltica María González Centeno converteuse na gran estrela do partido ao anotar 23 puntos (10/16 tiros de 2 e 1/3 triplos) e capturar 14 rebotes, ata alcazar 29 puntos de valoración nos 29 minutos que estivo sobre a cancha.

Hoxe xoves, o Cidade Ros Casares conseguiu a clasificación ao esmagar ao Isla Tenerife Nuryana, que terá que loitar polo 9º posto.

As valencianas asinaron un demoledor parcial de 24-8 no terceiro cuarto. O problema para o vencedor do cruzamento é que en semifinais lle espera, case con total seguridade, La Caja de Canarias, que está a gañar por malleira os seus partidos e é máximo favorito.

Así vao o campionato 2010 (250.06 kB)