Concello de Vigo    

Cabeceira Vide


Escuela tenisContinúa aberto o prazo de inscrición para o programa municipal de escolas deportivas 2023/24. O alumnado inscrito o curso pasado (o 22/23) poderá facelo ata o vindeiro mércores día 13. Os rapaces e rapazas de nova incorporación farán a matrícula do 15 ao 26 de setembro. O programa é un dos que xestiona a Concellería de Deportes e contempla dous xeitos de inscrición: presencial (nas oficinas do complexo deportivo municipal das Travesas) ou pola web (deportes.vigo.org).

As escolas deportivas contan cun orzamento de case 500.000 euros e permiten a actividade deportiva da mocidade entre os 6 e os 18 anos. O Concello oferta 30 modalidades deportivas nas instalacións deportivas municipais nas que 62 entidades deportivas de Vigo desenvolven a actividade. Caballero explicou que amais do orzamento, o goberno local subvenciona o prezo da actividade, aportando as familias 6 euros ao mes e 10 dende as arcas municipais.

As escolas van de outubro a maio. Despois da pandemia, este será o segundo curso que se faga de xeito completo. O Concello oferta máis de 5.000 prazas e espera, coma sempre, unha gran resposta das familias viguesas. Ademais dun prezo reducido, na normativa tamén se contempla a exención da tasa. Estará exento o alumnado de unidades familiares con ingresos brutos anuais, per cápita, inferiores a 4.166 € no caso de familias numerosas será de 6.519 € no exercicio da renda vixente. A titularidade de bens inmobles de natureza urbana, con excepción da vivenda na que residen, non deberá superar un valor catastral de 50.538 €.