Concello de Vigo    

Cabeceira Vide

Sorteo viaxe 2023Xa temos gañador da viaxe para dúas persoas cortesía de Viaxes Zonda, desta volta gañadora. O boleto, dos ofrecidos polo club Balona Linense FS, foi mercado (doazón de 1 euro) por Verónica Fernández.

En presencia de directivos do club de fútbol sala, da directora da axencia que colabora coa Fundación Vigo en Deporte e do vicepresidente de VIDE, Manel Fernández, tivo lugar o acto de entrega do bono da viaxe para dúas persoas na sede de VIDE na rúa Cesáreo González.

O número 8.851, vencedor, contaba con dous reservas no caso de que non se atopara o boleto gañador. A gañadora debe optar por algunha das opcións que lle ofreceu a axencia. A viaxe é un premio dunha fin de semana para dúas persoas que Zonda regala entre Portugal (Lisboa ou Porto), Salamanca, Andalucía ou País Vasco en hotel de tres ou catro estrelas.

Esta acción supuxo para os clubs que venderon as rifas preto de 50.000 euros de ingresos extras. A importancia deste programa queda testemuñado pola participación: ata trinta e seis entidades deportivas participaron. Dende o primeiro sorteo patrocinado por Zonda e Alice Martínez os clubs acadaron coa venda de boletos (unha doazón de 1 euro por número) máis de 300.000 euros. Manel Fernández, en representación de VIDE e do propio Concello, agradeceu á axencia o seu apoio ao deporte local con esta iniciativa.