As empresas que apoian á Fundación VIDE, protagonistas da Gala do Deporte

Imprimir

Empresas 2024As principais empresas que xunto co Concello de Vigo impulsan a Fundación Vigo en Deporte, VIDE, foron homenaxeadas pola organización da Gala do Deporte de Vigo, que vai ter lugar este xoves. Nun acto no Concello, Gadis, Frutas Nieves, Grupo CdeC, Naviera Mar de Ons, Grupo Recalvi e Empresas 2024Hyupersa Vigo (Hyundai) recibiron un galardón de mans do alcalde, polo seu apoio incondicional ao deporte local. O conceleiro de Depoortes e vicepresidente de VIDE, manel Fernández, presentou o acto.

Nun sinxelo acto cunha vintena de casas comerciais de sona, o rexedor fixo referencia á importancia de "camiñar xuntos" nunha actividade, o deporte, que está transformando a sociedade de ocio. Este grupo de empresas que este mesmo ano asinaron a súa continuidade en VIDE polo menos ata o 2027, é fundamental pola súa capacidade para apoiar o deporte vigués.