Concello de Vigo    

Cabeceira Vide

IMG 7318O alcalde de Vigo, Abel Caballero, deu luz verde á entrada de novos membros no Patronato da Fundación Vigo en Deporte (VIDE). A concelleira Elena Espinosa e o director xeral do Grupo Recalvi, Chema Rodríguez, incorporáronse esta semana para actualizar a súa estrutura, na que Manel Fernández, concelleiro de Deportes, supervisa a execución dos programas anuais en calidade de vicepresidente e por delegación do rexedor.

O edil, que cumpre o seu decimosegundo ano á fronte de VIDE, foi quen de reforzar a colaboración privada nos dous últimos anos cun grupo de empresas de alto compromiso social. Coa saída do Grupo PSA Peugeot Citroën (agora Stellantis) do Patronato, o Grupo Recalvi mantén a posición do tecido empresarial en VIDE, que se sustenta no capital público (Concello) sen esquecerse do privado. Rodríguez é un empresario moi identificado co deporte vigués, nomeadamente co Rallye Rías Baixas e o Celta Zorka Recalvi como dous dos seus principais símbolos.

Espinosa, ministra de España dende 2004 a 2010 e antes presidenta da Autoridade Portuaria de Vigo (de 1988 a 1996), é concelleira en Vigo das áreas de Empresa, Economía, Seguridade e Organización Municipal.

VIDE fixou para 2022 ata quince programas dirixidos a apoiar ao deporte de base, o seu obxectivo principal e razón de ser. A Vigo Cup (fútbol sala, fútbol 7 e fútbol 11) ou as Bolsas Futuro (para mozos deportistas de modalidades individuais) seguirán sendo, xunto co programa Siareiros, algunhas das súas actuacións estelares, aínda que este ano, si a pandemia o permíte, están previstos novos eventos.

Na reunión do Padroado, Manel Fernández, na súa calidade de vicepresidente, incidiu na importancia do grupo de empresas que apoian ao deporte a través de VIDE (o xornal Faro de Vigo, Gadis, Frutas Nieves, Grupo Recalvi, Grupo CdeC, Naviera Mar de Ons, Hyupersa Vigo, New Balance ou Vitrasa Avanza, entre outras).