Éxito da Subida ao Castro, co patrocinio do Concello e primeira proba do Run Run 2024

Imprimir

Subida2024O circuíto Run Run Vigo 2024 arrincou de xeito excepcional coa Subida ao Castro este domingo. O alcalde de Vigo, Abel Caballero, acompañado polo concelleiro de Deportes, Manel Fernández, deu a conta atrás na saída dunha proba que se fixo maior, pois naceu no 2006 e ven de cumprir 18 anos. Venceron David González (CD Delikia) na xeral, que ascendeu os 3.000 metros de Montero Ríos á Fortaleza do Castro en 11:43 minutos, e Andrea Iglesias (Athletics Fisioterapia San Lázaro) na categoría feminina (14:26).

González Borges (Vigo, 2003) correu a proba xa aos trece anos en 2016. É o seu primeiro triunfo; Iglesias (xeración de 1989) leva tres vitorias (2019, 2023 e 2024). O campión alterna tríatlon e atletismo, mentres que a tricampioa está envorcada no tríatlon. De feito, utiliza a dureza da Subida ao Castro para preparar a tempada. 

Nesta primeira proba do Run Run remataron a dura ascensión -dende os 12 metros sobre o nivel do mar de Montero Ríos ata os 149 da meta do Castro- un total de 421 dos 455 inscritos (92,5% de "finishers").

 

A clasificación da Subida, no portal oficial.

https://www.runrunvigo.com/

https://magmasports.es/es/clasificacion

 

A seguinte proba. A segunda carreira do circuíto que patrocina o Concello está fixada para o domingo 3 de marzo (VI Calvario 5+5) e dúas semanas despois terá lugar a 10K de Teis. Ambalas dúas teñen xa aberto o periodo de inscrición. 

https://magmasports.es/es/eventos/calvario-55-2024

https://magmasports.es/es/eventos/10k-teis