Volven os campus. Tres, como no 2019 (dous no 2020). O concelleiro de Deportes, Manel Fernández, vicepresidente de VIDE, estivo a deseñar un ano máis esta acción para os nenos e nenas de Vigo e o alcalde, Abel Caballero, deu o visto bo e anunciou as 300 prazas para este ano.
A apertura do prazo de inscrición está marcada para o martes 1 de xuño ás 9:00 horas. Son un cento de prazas máis sobre a oferta deportiva do 2020 e as medidas sanitarias marcadas o verán pasado mantense de xeito estrito. Máis monitores para o control de grupos, actividades en grupos burbulla estables, máscara obrigatoria e moita hixiene.
Dos dous campamentos nas Travesas, VIDE pasa agora a tres. Recupera o campus de Samil, máis centrado nos deportes de raqueta e que funcionou tan ben coma os outros. O 28 de xuño será o primeiro campus, no Central. Despois, o 5 de xullo (As Travesas), para rematar co de Samil (12 de xullo). Serán sempre de luns a venres e de 9:00 a 14:00 horas.
O control de acceso vai funcionar nos mesmos termos que o verán pasado: recepción de nenos e nenas de 8:30 a 9:00. A saída, entre as 14:00 e as 14:30. E sempre seguindo as ordes das autoridades sanitarias, que continúan a ser a referencia fronte á pandemia.
Como sucedeu o verán pasado, VIDE tenta ofrecer o prezo máis económico: serán 45 euros por campus e calquer neno ou nena pode particpar en un, dous ou nos tres campamentos.
Abel Caballero anunciou onte estes campus: "Van dirixidos a nenos e nenas de 6 a 14 anos e o proceso de inscrición vai ser telefónico. O prazo vaise abrir o vindeiro martes ás nove da mañá no teléfono 986247104", explicou.