Concello de Vigo    

Cabeceira Vide

Becas rebajadoA Fundación Vigo en Deporte abriu hoxe a súa sétima convocatoria consecutiva para deportistas individuais, parellas, tríos e cuartetos en idade sub-23 polos seus resultados da tempada anterior. O vicepresidente de VIDE, o concelleiro de Deportes Manel Fernández, anunciou o inicio da recepción de solicitudes para estas bolsas anuais, cuxo prazo remata o vindeiro xoves 3 de decembro.

A convocatoria para os promesas (nacidos ou nacidas dende o 1 de xaneiro de 1997), que segue as mesmas directrices das subvencións ao deporte individual do Concello de Vigo (deportistas empadroados en Vigo e pertencentes a entidades deportivas viguesas ou licencias federativas nacionais ou en deportes sen clubs de Vigo), mantén a súa discriminación positiva en caso de igualdade a puntos entre solicitantes. VIDE entregará un total de 20.000 euros un ano máis.

Nesta edición, por mor da pandemia, actívase a presentación da documentación requirida exclusivamente por correo electrónico (Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.), eliminándose deste xeito a entrega presencial da documentación. 

A suma das anteriores convocatorias supón que a Fundación Vigo en deporte inxectou xa 120.000 euros a un total de 140 valores do deporte vigués. As axudas máximas son de 1.000 euros, menos a retención marcada por lei, e son excluíntes da subvención municipal destinada ao deporte individual, das da Xunta (DGAN), olímpicas (ADO) ou do CSD, pois VIDE pretende chegar a aqueles deportistas que non teñen outro apoio directo das administracións.

Ademais da discriminación positiva, valorarase si o solicitante nunca recibiu axuda de VIDE, si a modalidade é de competición ou de exhibición, o número de axudas conqueridas pola modalidade na presente convocatoria, ou si é deporte olímpico ou non e o número de comunidades participantes no campionato e o seu impacto en número de licenzas en Galicia.

Coma é tradicional, durante o mes de decembro entregarase a axuda aos deportistas coa meirande puntuación en función dos seus méritos nas competicións oficiais celebradas dende o pasado 1 de xullo de 2019. Pola situación sanitaria, o acto mudará de escenario. Estes anos a tradicional foto de familia e a presentación dos méritos tiña lugar nun salón do antigo Concello (a Casa Galega da Cultura).  

Bases da convocatoria de axudas deporte individual 19-20

Formulario para as axudas a deportistas individuais 19-20

Carta do concelleiro de Deportes pola convocatoria 19-20