Cabecera Vide

Aberto o prazo de solicitude para que as entidades deportivas de Vigo opten a unha subvención pola súa actividade 19/20

IMG9944A convocatoria de subvencións a entidades deportivas do municipio pola tempada 19/20 está en marcha. O Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (Boppo) publicou este luns as bases específicas para a concesión de subvencións por parte do Concello de Vigo ás entidades deportivas do municipio pola súa actividade no sector deportivo formativo na tempada 2019/2020.

O importe total do expediente aberto pola Concellería de Deportes é de 925.000 euros, 75.000 euros máis que na convocatoria 18/19, e beneficiará a clubs deportivos, asociacións, agrupacións e entidades deportivas viguesas. O procedemento de concesión das subvencións é por concorrencia competitiva e o prazo para a presentación de solicitudes comezou a contar este luns, coa súa publicación no boletín provincial. Rematará o 7 de xullo.

Despois das achegas ao deporte de elite nas anteriores semanas, chega o momento do deporte de base. O pasado 28 de maio a Xunta de Goberno Local aprobou as bases e agora corren os prazos para cumplimenta-la axuda. Dende a Concellería de Deportes, e en virtude do estado de alarma, lémbrase a necesidade de presenta-la documentación por medios telemáticos. 

 Bases reguladoras da convocatoria de subvencións pola tempada 19/20

 Extracto da convocatoria no Boppo

 Solicitude e anexos para a subvención

 Indicacións para o rexistro da solicitude