phoca thumb l campus traviesas 2019 21Adaptado á situación actual, con medidas de seguridade atendendo a protocolos de hixiene e desinfección e con dúas quendas no complexo municipal das Travesas, o Campus Polideportivo de VIDE volta este verán (13 ao 17 e 20 ao 24 de xullo).

O campamento contará con 200 prazas (100 por quenda) para nenas e nenos de 6 a 14 anos. A oferta deportiva, atendendo ás ordes da autoridade sanitaria en Fase 3 do desescalamento, traballará ata seis deportes (atletismo, bádminton, ciclismo, patinaxe, ximnasia e xadrez) e contará tamén con actividades psicomotrices.

Os campamentos da Fundación VIDE, entidade cuxo vicepresidente é o concelleiro de Deportes Manel Fernández, naceron no ano 2000 e entran polo tanto no seu vixésimo aniversario. Club Ciclista Vigués, Bádminton Rachaplumas, Agrupación Viguesa de Atletismo, Club Polideportivo Miralba, Maniotas, Carpa e a Escola Deportiva Mobe buscarán o meirande divertimento de nenas e nenos cun horario tamén diferente a outros anos: serán xornadas de mañá, de 9:00 a 14:00 horas, e en grupo reducidos nos pavillóns Central, Vermella e O Carme, ademais de utilizar a pista de rodadura e o campo de fútbol (atletismo). O prezo por participante: 45 euros.

VIDE abrirá a inscrición o vindeiro día 15, luns, tamén cun sistema diferente: será telefónico (en horario de oficina) e haberá que cumplimentar a folla de inscrición por correo electrónico, abonando o custe por transferencia. Evítanse deste xeito aglomeracións en VIDE e nais e pais non necesitarán acudir á Fundación para tramitar a inscrición.

Información Campus Polideportivos Travesas 2020

Medidas sanitarias para os Campus VIDE