Aberto o prazo de inscrición para o Torneo Concello de Vigo de Nadal de fútbol 8, que incluirá categoría feminina, e fútbol 11

Torneo nadal 2018 AO Concello de Vigo e a Asociación de Fútbol Afeccionado de Vigo (Afavi) abren o prazo de inscrición para a sétima edición do Trofeo Concello de Vigo de Nadal na modalidade de fútbol 8.

Nesta oportunidade haberá cinco categorías, pois ás tradicionais (prebenxamín, benxamín, alevín e infantil) unirase a feminina por vez primeira, equiparando a competición á filosofía da Vigo Cup.

Deste xeito, no fútbol 8 xogarán as divisións prebenxamín (nados en 2012 e 2013), benxamín (2010 e 2011), alevín (2008 e 2009) e feminina (nadas despois de 2007), mentres que os infantís (2006 e 2007) competirán en fútbol 11.

A organización, coordinada por Daniel Costas, presidente de Afavi, ten previsto o torneo de 26 ao 29 de decembro, xogándose a final alevín xogarase o venres 27 porque o campeón terá billete para participar nun cadro internacional de seis equipos, no que estará o Celta, o sábado 28. As demais finais están fixadas no Municipal Pahíño de Navia o domingo 29.

Neste evento patrocinado pola Concellería de Deportes que dirixe Manel Fernández, a organización contará en principio con oito campos: A Bouza (Coia), Cotogrande, Federativo de Coia, Meixoeiro, Monte da Mina (Castrelos), Armando Cajaraville (Samil), A Guía e Pahíño (Navia).

Velaquí a normativa e follas de inscrición nos enlaces seguintes:

document Autorizacións para toma e publicación de imaxes (81 KB)

pdf Regulamento do VII Torneo de Nadal (407 KB)

document Folla de inscrición para clubs no Torneo de Nadal 2019 (1.68 MB)

document Folla de inscrición para xogadores no Torneo de Nadal 2019 (81 KB)