IMG 0447Coa posta en marcha oficial da tempada de Siareiros 2019/20 no acto de VIDE do pasado mércores, o primeiro encontro no que se vai poder utilizar o novo carné (de cor vermella) é o partido que este sábado xogan no polideportivo municipal de Navia (18:30 horas) o Celta Zorka Recalvi e o Añares Rioja, correspondente á cuarta xornada do grupo A da Liga Feminina 2.

O club que preside Carlos Álvarez aceptou a proposta do concelleiro de Deportes, Manel Fernández, tamén presidente da Fundación Vigo en Deporte, para que os afeccionados do programa Siareiros teñan un desconto coa presentación do carné. Para esta primeira xornada será válida a presentación na taquilla do carné Siareiros 18/19 (tanto Élite como Base), pois aínda moitas das máis de corenta entidades deportivas do programa están a facer os seus primeiros siareiros nestes mesmos días.    

Cuns 14.000 Siareiros no programa 2018/19 entre o carné Élite e o de Base (tiñan distintos prezos), a pretensión do concelleiro de Deportes é que ese carné sexa voluntario e solidario, e para elo adoutou un prezo simbólico de 5 euros. A súa importancia mantense porque cantos máis siareiros teña un club de base, máis axudas sumará da Fundación VIDE. 

O Celta Zorka Recalvi é actualmente a referencia do deporte feminino vigués, xoga polo ascenso á máxima categoría e posúe unha longa historia e tradición na cidade, motivos polos que o presidente de VIDE elixiu ao Celta como primeira acción para descontos co novo carné.