A Vigo Cup xa está en marcha. O torneo internacional de fútbol base (fútbol 7 e fútbol) e fútbol sala ten aberta a súa inscrición. Organizado pola Fundación VIDE por encargo do Concello de Vigo, vaise celebrar nos mellores campos e instalacións deportivas municipais da cidade do 24 ao 30 de xuño (terceira edición do torneo de fútbol sala) e do 1 ao 7 de xullo (decimonovena edición do campionato de fútbol e fútbol 7).
O torneo en fútbol sala está aberto para seis divisións, sub-6, sub-8, sub-10, sub-12, sub-14 e sub-16 (dende os nados despois do 1 de xaneiro de 2003), pero tamén haberá tres categorías máis, específicas femininas (sub-14, sub-16 e sénior).
O de fútbol 7 está reservado para nados dende o 1 de xaneiro de 2007 nas categorías sub-6, sub-7, sub-8, sub-10 e sub-12, todas competicións mixtas, e para categoría feminina, esta sen límite de idade.
O de fútbol, para sub-14 mixto (nacidos e nacidas despois do 1 de xaneiro de 2005) e sub-16 masculino (nacidos despois do 1 de xaneiro de 2003).
Lembrando o palmarés do ano pasado, Casa Paco (sub-6), Pecheches (sub-8), Vigosporting (sub-10), Campito A (sub-12), Campito A (sub-14), Talleres ABC (sub-14 feminina) e Red Blue Vigo 2015 (sub-16) conquistaron o troneo en fútbol sala. Santa Mariña (sub-7), Club Deportivo La Guía (sub-8), Celta (sub-10), Galicia F7 (sub-12) e Baipesca (féminas) foron os campións do internacional de fútbol 7 e Val Miñor Luvenfor (sub-14) e Colegio Hogar (sub-16), os do torneo de fútbol.
Nacido co século (2001), o evento é a meirande manifestación deportiva na cidade no que se refire ao deporte de formación, ao competir uns 4.000 participantes en cada edición dende a incorporación do fútbol sala.
Información xeral da Vigo Cup 2019 de fútbol sala
Inscrición de equipos na Vigo Cup 2019 de fútbol sala