Vigo e o pavillón do Loureiro recibirán en maio a fase final do Campionato de España de balonmán xuvenil feminino co patrocinio do Concello

Imprimir

57852464 1963286747115158 4739709905370349568 oO concelleiro de Deportes, Manel Fernández, está "moi satisfeito" dos éxitos que está a colleitar o balonmán, nomeadamente o feminino esta tempada.

Co apoio económico do Concello a AD Carballal ven de organizar este mes de abril o Campionato de Galicia cadete masculino e o sector estatal xuvenil (masculino e feminino), no que o conxunto das rapazas meteuse na fase final. E grazas ao Concello e ao Carballal, Vigo terá do 1 ao 5 de maio aos oito mellores equipos femeninos da súa idade no Pavillón municipal do Loureiro. De feito, Vigo, de novo co AD Carballal como club organizador dun evento -terceiro nun mes-, será por primeira vez sede do mellor balonmán da categoría.

AD La Jota (Zaragoza, Aragón), Elche Grupo Assa (Elche, Alicante), Malkaitz Eskubaloia (Burlada, Navarra) e o Colegio Maravillas (Benalmádena, Málaga) competirán no grupo 2, mentres que no 1 estará o Calfrima Carballal, o Balonmano Sanse (San Sebastián de los Reyes, Madrid), o Gasóleos Vallejo BM Fuentes Carrionas (Velilla del Río Carrión, Palencia) e o Avannubo BM La Roca (la Roca del Vallés, Barcelona).

Antes do Galego cadete, o edil de Deportes e os técnicos municipais visitaron o polideportivo do Loureiro, en Carballal, para coñecer de primera mán as necesidades da xunta directiva do club cara a este eventos. Houbo arranxos na pista e o edil tratou varios temas coa entidade deportiva.

  Programa de partidos do Campionato Estatal xuvenil feminino