Viaxes Zonda e a Fundación VIDE lanzan por cuarto ano o sorteo dunha nova viaxe que recadará 48.000 euros para os clubs Siareiros

Imprimir

Rifa Vide 2018 okA Fundación Vigo en Deporte e Viaxes Zonda lanzan un ano máis o sorteo dunha viaxe, desta volta á ruta dos maragatos e León, pola que os clubs adscritos ao programa Siareiros obterán un total de 48.000 euros.

A resposta das entidades deportivas viguesas foi inmediata. Esta acción supón un ingreso extra de cartos para os clubs xusto nun momento fundamental: en xaneiro-febreiro moitos coñecen as posibilidades reais dos seus equipos de base de clasificarse para fases finais de campionatos estatais.

O acordo entre Alice Martínez, directora da axencia, e Manel Fernández, presidente de VIDE, faise por cuarto ano consecutivo e polo de agora xa supuxo unha achega de 108.777 euros na suma das tres edicións anteriores (viaxe á República Dominicana, viaxe a Madeira e unha ruta por Cantabria).

A ruta dos maragatos disfrutarase os días 6 e 7 de abril de 2019 e o sorteo terá lugar durante o partido que o Iberconsa Amfiv, o equipo de máis categoría do programa Siareiros, disputará a fin de semana do 9 e 10 de febreiro diante do Bidaideak Bilbao na liga de baloncesto en cadeira de rodas. 

As papeletas entréganse a cambio dun donativo de 1 euro a unidade, como ven sendo habitual estes anos.

Bases sorteo viaxe "Ruta dos maragatos e León"