Cabecera Vide

O Concello de Vigo aporta 28.000 euros a dezaseis deportistas no terceiro ano consecutivo do programa municipal para o deporte individual

IMG 3456AAta dezaseis deportistas vigueses, once homes e cinco mulleres, de cinco modalidades (bádminton, ximnasia acrobática, tenis, tríatlon e vela), presentaron un currículo internacional espectacular con dous campionatos do mundo de vela (Martín Wizner en 420 junior en Fremantle e Tone Pérez e Laura Llópiz na categoría mixta de Vaurien en Travemunde).

Pero é que na tempada 17/18 Vigo mandou en dúas Copas do Mundo: en triatlón (Susana Rodríguez Gacio, Xapón) e tenis (Martín de la Puente, Portugal), ademais das victorias no circuito europeo de bádminton (Jacobo Fernández, Austria) e tenis (Martín de la Puente, Suíza).

O Concello investiu 28.000 euros neles e o rexedor xa avanzou a deportistas e familiares onte que “temos que aumentala”, en referencia a esta axuda para o deporte individual e das modalidades que compiten como tríos, cuartetos ou quintetos.

Caballero, que recibiu tamén aos familiares dos deportistas na Alcaldía, acompañado polo concelleiro de Deportes, Manel Fernández, recoñeceu que “o deporte individual é moi caro, sei que os gastos son moitos” e por iso valorou especialmente o esforzó de deportistas. O alcalde lembrou aos presentes que “á mocidade lle gustaría ser como vós” porque “sodes líderes nos vosos deportes”, pero incidiu tamén de xeiro rotundo en que “tedes que compatibilizar o deporte, que ten un percorrido determinado, cos estudos; tedes que estudar, facer una carreira ou a FP, pero estudade”.