A Fundación Vigo en Deporte (VIDE) incentiva aos clubs do seu programa Siareiros, de acordo con Viaxes Zonda, con 50.000 euros en boletos para o sorteo dunha viaxe.
Manel Fernández, concelleiro de Deportes e presidente de VIDE, deu luz verde a ampliar o número de rifas, que pasan das 30.000 do ano pasado ás 50.000 agora. Cun donativo de 1 euro a unidade, os clubs garántense entre este final de ano e principios de 2018 uns importantes ingresos atípicos, pois esta promoción xa supuxo en 2015 28.777 euros para eles e 30.000 o ano pasado.
A iniciativa rematará o 5 de febreiro e o sorteo terá lugar o día 10 de ese mesmo mes no descanso do partido CD Amfiv-Bilbao BSR de baloncesto en cadeira de rodas, no pavillón municipal Pablo Beiro, en Bouzas.
VIDE elexiu de novo un partido do Amfiv porque un ano máis é o club de superior categoría (División de Honra) dos representados no programa Siareiros.
A viaxe ás Covas de Cantabria, previsto do 13 ao 15 de abril de 2018, inclúe traslado en autopullman dende Vigo, visitas a Santander, as Cuevas del Soplao, Museo de Altamira e Neocueva, Santillana do Mar, San Vicente de la Barquera e a localidade empedrada de Castrillo de los Polvazares (León).
Bases promoción da viaxe ás Covas de Cantabria