A primeira edición da Nocturna Concello de Vigo cita a 120 nadadores coa historia esta noite ás 22:35 horas na praia da ETEA

Imprimir
IMG 8960webA primeira edición da Nocturna Concello de Vigo - Ardora 2017 cita coa historia a 120 nadadores, 21 deles mulleres, para disputar hoxe unha milla náutica (1.852 metros) na praia de Ríos, na ETEA (22:00 horas). Deberán dar dúas voltas ao circuíto deseñado.
 
Do mesmo xeito que nos anos 40 o Náutico foi promotor da primeira travesía a nado da ría entre Moaña e Vigo, agora é o Club Natación Vigo Rías Baixas o que toma a testemuña histórica para ofertar a primeira edición dunha travesía nocturna, esta vez na enseada da que foi base naval.
 
Será a primeira oportunidade que na ría, e en Galicia, se organice unha proba deste calibre para un selecto grupo de afortunados de Galicia, Madrid ou León que nadarán á luz da lúa.
 
Ao club que preside Antonio Vázquez, que o ano pasado xa organizou unha travesía a nado diurna no mesmo escenario -en setembro a segunda edición-, preocúpalle en grao sumo a seguridade, polo que mobilizou a 80 persoas para velar polos nadadores. "Non queremos ter ningún susto", asegura. O propio alcalde da cidade, Abel Caballero, recoñeceu días atrás na presentación a "complexidade técnica" dunha travesía así.
 
Con corenta voluntarios en terra e outros tantos na auga, o club seguirá aos participantes con dúas motos acuáticas, un barco ecolóxico (un seis metros con placas solares, que non emite ruído nin necesita combustible, da firma Green Power Boats), seis lanchas, nove kayaks e unha táboa de paddle surf para garantir que a competición vaise disputar sen incidencia algunha. Ademais, tres buzos, Protección Civil e Bombeiros de Vigo estarán na ETEA, xunto a un servizo médico con hospital de campaña.
 
Con presenza de nadadores de clubs das catro provincias -hai inscritos das principais entidades de Galicia-, os participantes nadaran de noite todo o percorrido pois a saída pasouse das 22:00 ás 22:35 horas. Vinte minutos antes o sol desaparecerá. Segundo datos da Axencia Estatal de Meteorología (Aemet), a previsión é que a temperatura do auga sexa de 20 grados e a baixamar está calculada para as 23:16 horas.
 
Co neopreno como obligatorio para os participantes, haberá varias categorías en xogo, ademais do triunfo absoluto masculino e feminino: sub 20, sub 30, sub 40, sub 50, sub 60, sub 70 e máis de 70.
 
Os nadadores irán provistos de gorros reflectantes, con barras químicas de iluminación e o circuíto contará cun sistema de iluminación por boias. O Club Marítimo de Canido foi unha das entidades que apoiou ao Vigo Rías Baixas na loxística na auga.
 
A entidade viguesa conta co patrocinio privado de Agua Sana, Boyer Triathlon, Rodosa, Frutas Sol e Coca-Cola entre outras moitas firmas que se envorcaron coa novidosa proba.
 
Regulamento I Travesía a Nado Nocturna Concello de Vigo