Cómoda vitoria do Octavio en Travesas

Imprimir

O Academia Octavio venceu sen dificultade ao Ereintza de Rentería o pasado sábado no pavillón das Travesas por 33 a 27. Con rendas a favor de ata nove goles na primeira parte, os vigueses comezaron a segunda metade máis frouxos pero grazas ao bo facer de Casares e á expulsión por parte visitante de Tolaretxipi, lograron rematar o encontro cun marcador favorable e levarse os puntos.

A próxima xornada,os académicos viaxan a terras madrileñas para enfrontarse ao Balonmán Alcobendas, na oitava xornada da competición.