Cabecera Vide

Derrota do Octavio en Copa do Rei

O Academia Octavio caeu na localidade xerundense de Bordils ante o Handbol por 31-22 en partido de Copa do Rei. Nun abarrotado pavillón os vigueses sempre foron por detrás no marcador, castigados por unha impenetrable defensa do Handbol Bordils.

Agora toca centrarse na Liga, que retomará esta fin de semana e viaxará a Antequera para enfrontarse ao Meridiano na sexta xornada da División de Honra Prata.