Martínez, Casares e Carro, novas fichaxes do Octavio

Imprimir

octavioNa mañá de onte, na sede de VIDE, o Club Academia Octavio presentou a tres fichaxes para a segunda categoría do balonmán nacional que o equipo vigués disputará a vindeira tempada. Acompañados do presidente do club, Javier Rodríguez, e do seu adestrador, Quique Domínguez, Alberto Casares, Gonzalo Carró e Manu Martínez, os novos xogadores mostráronse moi ilusionados ante o salto de categoría. 

 

  

Domínguez destacou que "teñen unas condicións que se poden adaptar moi ben a idea que teñamos no Octavio de xogo. Martínez e Casares (líñas) son xente moi dinámica, alegre e esas son as nosas sinais de identidade. Carró, ao ser pivote, ten outras virtudes".