Cabecera Vide

O Pilotes Posada rematou a fin de semana cunha vitoria e unha derrota nos amigables diante do Barça e do Porto

Satisfacción no Pilotes Posada polos resultados da fin de semana no Trofeo Cidade de Vigo e no amigable co Porto en Portugal, resoltos cunha vitoria e unha derrota.

O venres, os académicos plantaron cara ao Barcelona de forma moi digna e puideron estar por diante co 1-0 (Abramovich, de penalti). O Barcelona Borges, campión da Copa do Rei e da Copa Asobal, ademais de subcampión continental, é un serio candidato a gañalo todo este ano co equipo que armou Pasqui, ex xogador académico e adestrador principal do conxunto catalán dende febreiro do 2009. O Porto, como sempre, é conxunto de primeiro nivel na liga lusa.

Os de Quique Domínguez ofreceron unha boa imaxe ante o Barcelona (30-44) e venceron á formación portuguesa a domicilio. E iso que Ruesga, máximo goleador do amigable ante o Barça, perdeuse no choque de Portugal a segunda metade e o lituano Mikalauskas non xogou. os dous estaban tocados.

O seguinte amigable será este xoves en Pontevedra contra o Cisne Pirsa, club de Primeira Nacional que garda unha excelente relación co Pilotes e ao que o Octavio cedeu un xogador de futuro, Iván Amarelle, lateral destro de 19 anos fichado por catro tempadas; Amarelle disputará as dúas primeiras coa entidade pontevedresa que preside Santi Picallo, aínda que se adestrará dous días á semana en Vigo.

Cidade de Vigo e pretempada (1.15 MB)