A presentación das categorías base do Pilotes, acto previo ao Cidade de Vigo de balonmán

Imprimir

fcbO Pilotes Posada presenta hoxe venres as categorías base do club, ao redor dun cento de xogadores dende idade prebenxamín a xuvenil.

 

Será 45 minutos antes do partido entre o primeiro equipo da entidade e o FC Barcelona Borges, programado no pavillón das Travesas ás 20:15 horas.

O equipo blaugrana voou dende Barcelona ás 6:30 horas desta mañá, tendo previsto comer e descansar no Hotel Los Galeones. O cadro azulgrana xoga por vez primeira o Trofeo Cidade de Vigo, que comezou a labrar ou seu historial no ano 1991 e disputa xa nesta oportunidade a súa décima oitava edición. O Barça chega con 20 xogadores, os dezaseis do primeiro equipo e catro do filial (Saubich, Molina, Pérez e Ruiz) máis o corpo técnico. O segundo equipo culé será rival ligueiro do Pilotes no campionato da División de Honra B Prata.

Tras o partido, o equipo catalán viaxará a Póvoa de Varzim (Portugal), pois dende hai tempo programara enfrontarse sábado e domingo a Sporting de Lisboa e Porto no Torneo Ibérico. O despacho de billetes do pavillón abrirá polo serán dende as 16:00 horas en diante. O prezo das localidades será de 10 euros adulto e 5 euros xuvenil. O club lembra que pasarán de forma gratuíta aqueles posuidores do carné Siareiros Elite correspondente a tempada 2010/2011, que xa está a disposición para a súa renovación ou para novos socios.

O club, ademais, organizou unha conferencia de Xavier Pascual, Pasqui, ás 16:00 horas, na que o técnico culé disertará sobre a xestión dun grupo de elite. O clínic está programado en Begano (Coca-Cola), na avenida de Madrid, con entrada libre.

Dossier Cidade de Vigo 2010 (376.89 kB)

 

Programa do Cidade de Vigo

06.30 horas. Saída do FC Barcelona Borges do aeroporto do Prat.
08.15 horas. Chegada do FC Barcelona Borges a Peinador.
10:30 horas. Apertura do despacho de localidades nas Travesas.
13:30 horas. Peche do despacho de localidades das Travesas.
16:00 horas. Clínic de Xavier Pascual, Pasqui, en Begano.
16:00 horas. Apertura do despacho de localidades nas Travesas.
19:30 horas. Presentación das categorías base do Pilotes Posada no Pavillón Central.
20:15 horas. XVIII Trofeo Cidade de Vigo. Pilotes Posada-Barcelona Borges.
21:45 horas. Entrega dos trofeos.